Rudolf Arnheim

Rudolf Arnheim, nado en Berlín o 15 de xullo de 1904 e finado o 9 de xuño de 2007, foi un autor de orixe alemá, teórico do cine e da arte e psicólogo perceptual. Aprendeu psicoloxía da Gestalt como alumno de Max Wertheimer e Wolfgang Köhler na Universidade de Berlín e aplicouno á arte. A súa obra magna foi Arte e Percepción Visual: Unha psicoloxía do ollo criativo (Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye, 1954). Outros libros importantes escritos por Arnheim son Pensamento Visual (Visual Thinking, 1969), e O Poder do Centro: Un Estudo de Composición nas Artes Visuais (The Power of the Center: A Study of Composition in the Visual Arts, 1982). A arte e a percepción Visual foi revisado, ampliado e publicado como versión nova en 1974, e foi traducido a catorce linguas. Viviu en Alemaña, Italia, Inglaterra e os Estados Unidos, onde ensinou no Sarah Lawrence College, na Universidade de Harvard, e na Universidade de Míchigan. O seu traballlo influíu moito na historia da arte e na psicoloxía en América. En Art and Visual Perception, Arnheim tenta utilizar a ciencia para entender mellor a arte. No seu libro posterior Visual Thinking, Arnheim analiza a suposición de que a linguaxe "vai antes" da percepción. Para Arnheim, o acceso único a realidade que temos é polos nosos sentidos. Arnheim tamén argumenta que a sensación é fortemente identificada co pensamento, e que a expresión artística é outro xeito de razoamento. En The Power of the Center, Arnheim sitúa a interacción de arte e arquitectura en concéntricos e enreixados patróns espaciais. Argumenta que a forma e o contido son indivisibles, e que os patróns creados polos artistas revelan a natureza de experiencia humana.


Developed by StudentB